Policía Local

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coche da Policía Local de Viveiro.

A Policía Local é unha forza armada de competencia e xurisdición do municipio ao que serven, e funcións civís. A Policía Local forma parte dos corpos e forzas de seguridade do estado español. A súa organización é xerarquizada tendo un mando superior, sendo o alcalde a máxima autoridade nas súas funcións. Os policías locais teñen a consideración de funcionarios públicos e axentes da autoridade. Este corpo non existe en tódolos concellos. A policía local só existirá en concellos de máis de cinco mil habitantes segundo a Lei 7/1985, de 2 de abril, e a Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade. Nos concellos onde non existe Policía Local as súas funcións as fan outras forzas como a Garda Civil.

As súas funcións principais son (Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade, artigo 53):

  • A protección das autoridades das Corporacións locais e a vixilancia ou custodia dos edificios e instalacións.
  • A ordenación, sinalización e dirección do tráfico urbano de acordo coas normas de circulación vial.
  • A instrución de atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.
  • Policía administrativa referente a ordenanzas, bandos e outras disposicións da Corporación.

Policía Local en Galicia[editar | editar a fonte]

Escudo identificativo no uniforme da Policía Local de Galiza.

En Galiza hai 130 concellos con Policía Local, cun total de 2 545 axentes en 2010.[1] A Lei autonómica de coordinación de policías locais (4/2007, artigo 30) esixe un mínimo de dous axentes e un oficial por cada concello.[2]

Lexislación en Galicia[editar | editar a fonte]

  • Orde de 22 de xullo de 2010 pola que se establece a descrición e características das distintas prendas de uniformidade dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local de Galicia, así como a imaxe corporativa dos corpos de policía local. Consellería de Presidencia, Administracións e Xustiza. Publicado no DOG núm. 144 de 29 de xullo de 2010.

Notas[editar | editar a fonte]