PirateBox
Unha PirateBox é un dispositivo electrónico portátil, a miúdo formado por un router Wi-Fi e un dispositivo para almacenar información, creando unha rede sen fíos que permite ós usuarios que se conectan compartir ficheiros anonimamente e localmente.[1] Por definición, este dispositivo está desconectado de Internet.
A PirateBox foi deseñada orixinalmente para intercambiar libremente datos en dominio público ou cunha licenza libre.
Historia
[editar | editar a fonte]A PirateBox foi deseñada en 2011 por David Darts, un profesor da Escola Steinhardt de Cultura, Educación e Desenvolvemento Humano na Universidade de Nova York baixo Licenza de Arte Libre. Fíxose moi popular en Europa Occidental, particularmente en Francia por Jean Debaecker, e o seu desenvolvemento é en gran parte mantido por Matthias Strubel. O uso do concepto da PirateBox cambiou pouco a pouco dende compartición local de ficheiros a propósitos educativos, implicando a escolas públicas ou acontecementos privados como CryptoParties[2], sendo tamén un punto crucial para evitar a censura xa que pode ser usado detrás de barreiras físicas fortes.[3][4]
Instalación
[editar | editar a fonte]Na versión 1.0, hai unha páxina de instalación mellorada, con só uns poucos pasos seguidos dunha instalación automática.[5]
Configuración en Raspberrypi
[editar | editar a fonte]A PirateBox pode ser configurada en Raspberrypi. Os pasos poden atoparse no artigo de referencia.[6]
Usos
[editar | editar a fonte]Os usuarios conéctanse á PirateBox vía Wi-Fi (utilizando un portátil, por exemplo) sen tenr que saber o contrasinal. Entón poden acceder á páxina de web local da PirateBox para descargar ou subir ficheiros, ou acceder unha sala de charla anónima ou foro. Todos estes intercambios de datos están confinados na rede local da PirateBox e non están conectados a Internet.[7]
Varios proxectos educativos utilizan os dispositivos para entregar contido aos estudantes permitíndolles compartir por charla ou foro. A PirateBox tamén é utilizada en sitios onde o acceso de Internet é raro ou impracticable.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SideFx (2016). Goldstein, Emmanuel, ed. "The Piratebox". 2600: The Hacker Quarterly 33 (3).
- ↑ "CryptoParty in Frankfurt am Main".
- ↑ "Pedagobox ou comment bricoler son serveur de fichier wifi personnel.". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Create your own version of The Pirate Bay".
- ↑ "PirateBox 1.1 DIY".
- ↑ "7 Steps to create a decentralized network using piratebox [Beginners]". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018.
- ↑ "PirateBox: an “artistic provocation” in lunchbox form".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Linuxjournal.com
- "The PirateBox": WiFi + USB Drive = Your Own Mini-Internet (Freedom) (2013)
- A Pirate Box for Sharing Files
- PirateBox Takes File-Sharing Off The Radar and Offline, For Next To Nothing (TorrentFreak, marzo de 2012)
- PirateBox: an “artistic provocation” in lunchbox form
- "The LibraryBox": A PirateBox-based alternative intended for education