Picana eléctrica
A picana eléctrica é un instrumento de tortura utilizado pola policía e o exército na Arxentina e nalgúns países de Suramérica (durante ditaduras). Crese que foi Polo Lugones, fillo de Leopoldo Lugones e xefe de policía durante a ditadura de José Félix Uriburu, quen a introduciu como método de tortura. Curiosamente, a neta de Leopoldo Lugones, segundo o historiador Felipe Pigna, foi torturada coa picana que o seu pai inventou.
A picana dá golpes de corrente ou descargas sostidas en contacto co corpo e os seus efectos nas partes máis delicadas (xenitais, dentes, mucosas, mamilas etc.) son devastadores, polo cal os represores adoitan aplicalas neses lugares. Durante as épocas de maior liberdade pública, a picana tende a ser considerada un instrumento proscrito, pero as denuncias suxiren que, antes que desaparecer do panorama, simplemente pasa á clandestinidade.