Saltar ao contido

Peregrina Martínez Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeregrina Martínez Santos
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1914 Editar o valor en Wikidata (110 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, política Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 746

Peregrina Martínez Santos, nada en Pontevedra o 17 de setembro de 1914,[1] foi unha mestra e política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Arturo Martínez Fernández. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra rematando en 1932.[2] Foi mestra en Rouxique (Sanxenxo).[3] Estaba afiliada ás Xuventudes Socialistas.[3]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo e detida o 27 de outubro.[3] Xulgada en Pontevedra por rebelión militar, con sobresemento provisional, saíu en liberdade o 25 de outubro de 1937. Foi novamente procesada na causa 379/38 en marzo de 1938,[4] coas súas tías Aurora, María e Nicereta Martínez Fernández (as Corseteiras) e María Fandiño Estévez, acusadas de agochar armas, pero ao non atopar probas, a causa foi sobresida. Foi depurada, co resultado de separación do servizo e baixa na escala o 11-05-1940.[5] En 1941 abríronlle outro expediente por responsabilidades políticas, que tamén foi sobresido en 1943.[3]

Conseguiu o reingreso no corpo en abril de 1958, pero foi sancionada co traslado fóra da provincia durante cinco anos.[3]

  1. El Magisterio Español, 28-6-1934, p. 23.
  2. Vida Gallega, 30-6-1932, p. 47.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Peregrina Martínez Santos". Do Gris Ao Violeta. Consultado o 2024-11-23. 
  4. "As pegadas da represión no maxisterio" (PDF). Consultado o 2024-11-24. 
  5. "Peregrina Martínez Santos - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2024-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]