Pepe Fechoría
Nome orixinal | (es) José Alberte Rodríguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de maio de 1931 A Arnoia, España |
Morte | 22 de abril de 2016 (84 anos) A Arnoia, España |
Outros nomes | Pepe Fechoría |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Membro de | |
José Alberte Rodríguez, chamado Pepe Fechoría, nado na Arnoia en 1931 e finado no mesmo concello o 22 de abril de 2016,[1][2][3] foi un restaurador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á Arxentina en 1949, e traballou de peiteador, obreiro da construción, mecánico dentista e fregador, en 1959 comezou a traballar como axudante de cociña e camareiro nun restaurante de Buenos Aires, chamado Il Vero Fechoria, especializado en cociña internacional. Co tempo, foi progresando no restaurant e fíxose o seu propietario. É un dos centros de xuntanza de artistas en Buenos Aires, e tamén punto de referencia dos españois que visitan a cidade[4]. Nos anos noventa pechou ese restaurante inicial, pero abriu outros cinco xa co seu nome artístico de Pepe Fechoría[5], que posteriormente tamén foi pechando.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio de Gastronomía de Galicia - Feira do cocido de Lalín en 1997.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falleció en A Arnoia José Alberte Rodríguez, «Pepe Fechoría», La Voz de Galicia, 22-4-2016.
- ↑ Muere Pepe Fechoría, el restaurador de los 'VIP' argentinos nacido en Arnoia, La Región, 23-4-2016.
- ↑ Muere en su aldea natal de Arnoia "Pepe Fechoría", el rey de la noche argentina, Faro de Vigo, 25-4-2016.
- ↑ José Alberte, Carlos Ares para El País, 18/07/1984.
- ↑ Para Independiente hay siempre una mesa libre Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Olé, 11/2/2000.