Pazo de Trasfontao
Aparencia
Pazo de Trasfontao | |
---|---|
Coordenadas | 42°41′15″N 8°13′59″O / 42.687583333333, -8.2330833333333 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O pazo de Trasfontao é unha construción señorial situada no lugar de Trasfontao, na parroquia de Silleda, no concello do mesmo nome. De estilo barroco, os edificios que o conforman datan do século XVIII.
Situado a carón da Vía da Prata, está rodeado por un muro dun par de metros de alto. Dentro do recinto, destacan, ademais do propio pazo, o pombal, así como a capela, situada ao pé da Vía. Alberga distintos escudos de armas de liñaxes como a dos Montenegro, Mosquera ou Oxea. Nas proximidades sitúase unha carballeira con exemplares centenarios.
En 2012 puxéronse en marcha as obras de rehabilitación da construción, valoradas en 1,3 millóns de euros[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los propietarios del Pazo de Trasfontao inician su rehabilitación para uso privado", artigo de Blanca Paz no Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2012 (en castelán).