Saltar ao contido

Pascual Ruiz Enríquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPascual Ruiz Enríquez
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1845 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1924 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Pascual Ruiz Enríquez, nado en Redondela o 28 de agosto de 1845 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 1924, foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Caixista da imprenta de La Oliva e El Miño. Funcionario de Correos en Vigo, foi Administrador de Correos en varias capitais. Vicesecretario do Comité Republicano Federal de Vigo (1869)[1], dirixiu os periódicos de Vigo El Meteoro (1867), El Independiente (1885-1903) e La Lucha e colaborou en El Mirlo, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amparo Verdi. Volveu casar en segundas nupcias con Agripina Barros.

  1. La Discusión, 17-8-1869, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 856–857. ISBN 978-84-8457-448-4.