Pasaporte Nansen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pasaporte Nansen
Fronte dun pasaporte Nansen para refuxiados
Tipo de textoPasaporte/Documento de identidade
Data1922
Promulgación1922
AutoresFridtjof Nansen
FunciónServir como documento de viaxe e identidade para refuxiados

O pasaporte Nansen era un documento de identidade destinado a servir como documento de viaxe, expedido aos refuxiados de acordo coas disposicións dos instrumentos anteriores á guerra.[1]

As cédulas ou tarxetas de identidade foron deseñadas por Fridtjof Nansen en 1922, como parte dos seus esforzos para facer fronte ao problema dos desprazados que xurdiu como consecuencia dos distintos conflitos armados do século XX (especialmente antes e despois da Primeira guerra mundial). Como resultado, Nansen foi nomeado Alto Comisionado para os Refuxiados da Sociedade de Nacións, e foi un factor que contribuíu á súa recepción do Premio Nobel da Paz.[2]

Fondo[editar | editar a fonte]

O problema dos desprazados como consecuencia dos distintos episodios bélicos entre as nacións é tan antigo como a propia humanidade. Porén, recoñece os seus antecedentes máis próximos nas guerras balcánicas e a explosión radical dos seus efectos tras a revolución rusa e o fracaso da contraofensiva das forzas pro-zaristas en 1917.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conforme definición establecida na nota nº 4 ao p. 33, apdo 1, sección A, capítulo II do Manual de Procedementos e Criterios para Determinar a Condición de Refuxiado en virtude da Convención de 1951 e o Protocolo de 1967 sobre o Estatuto dos Refuxiados.
  2. "Fridtjof Nansen: Scientist and Humanitarian". web.archive.org. 2008-12-26. Archived from the original on 26 de decembro de 2008. Consultado o 2023-08-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]