Saltar ao contido

Parámetro estatístico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un parámetro estatístico é un parámetro que clasifica unha distribución de probabilidade. Pode referirse a unha característica numérica dunha poboación estatística ou a un modelo estatístico.[1]

Na inferencia estatística os parámetros non son sempre observables, e a tarefa do estatístico é inferir o que poida deses parámetros a partir das observacións da variable aleatoria. Noutras ocasións os parámetros poden fixarse pola natureza do procedemento empregado, por exemplo, polo número de graos de liberdade nun contraste khi-cadrado.

Principais parámetros

[editar | editar a fonte]

Os parámetros estatísticos adoitan dividirse nas seguintes categorías:

Medidas de posición.[2]

Trátase dos valores da variable estatística que se caracterizan pola posición que ocupan dentro do rango de valores posibles desta. Distínguense:

Medidas de dispersión.[3]

Resumen a heteroxeneidade dos datos, o separados que están entre eles. Hai dous tipos:

Medidas de forma.[4]

O seu valor informa sobre o aspecto que ten a gráfica da distribución, como os coeficientes de asimetría e curtose.

Outros parámetros.

Existen outros parámetros con propósitos máis específicos, como a proporción, o número índice, a taxa ou o coeficiente de Gini.

  1. Everitt, B.S. (2002). CUP, ed. The Cambridge Dictionary of Statistics. ISBN 0-521-81099-X. 
  2. Romero Villafranca, Rafael; Ramajo, Zúnica; Rosa, Luisa (2005). "2.6. Parámetros de posición". En Universidade Politécnica de Valencia. Métodos estadísticos en Ingeniería. Valencia. pp. 39–41. ISBN 8497057279. Consultado o 20 de abril de 2009. 
  3. Microsoft Corporation, ed. (2009). "Medidas de Dispersión". Enciclopedia Microsoft® Encarta® Online. Consultado o 20 de abril de 2009. [Ligazón morta]
  4. Serret Moreno-Gil, Jaime (1998). "4.3. Parámetros de forma.". En ESIC. Procedimientos estadísticos. p. 81. ISBN 8473561716. Consultado o 20-4-2009.