Padrón molecular asociado a patóxenos
Un padrón molecular asociado a patóxenos, abreviado PAMP (do inglés pathogen-associated molecular pattern) é un pequeno motivo de secuencia conservada en moléculas que se encontran nunha clase de microbios. Son recoñecidos polos receptores de tipo Toll (TLRs) e outros receptores de recoñecemento de padrón (PRRs) tanto en plantas coma en animais. Existe un amplo conxunto de tipos de moléculas que poden servir como PAMPs, incluíndo glicanos e glicoconxugados.[1]
Os PAMPs activan as respostas inmunitarias innatas, protexendo o hóspede da infección ao indentificar algunhas moléculas alleas non conservados. Os lipopolisacáridos bacterianos (LPSs), as endotoxinas que se encontran nas membranas celulares de bacterias gramnegativas,[2] son considerados unha clase prototípica de PAMPs. Os LPSs son recoñecidos especificamente polo TLR4, un receptor de recoñecemento do sistema inmunitario innato. Outros PAMPs son a flaxelina bacteriana (recoñecida polo TLR5), o ácido lipoteicoico de bacterias grampositivas (recoñecidos polo TLR2),[3] o peptidoglicano (recoñecido polo TLR2),[3] e variantes de ácido nucleico normalmente asociados con virus, como ARNs bicatenarios, recoñecidos polo TLR3, ou motivos de CpG non metilados, recoñecidos polo TLR9.[4] Aínda que o termo "PAMP" é relativamente novo, o concepto de que as moléculas derivadas de microbios deben ser detectadas por receptores de organismos multicelulares levaba moitas décadas utilizándose, e as referencias a un "receptor de endotoxinas" encóntranse en moita literatura máis antiga.
MAMP
[editar | editar a fonte]O termo "PAMP" foi criticado porque es moléculas detectadas exprésanse na maioría dos microbios e non só nos patóxenos, polo que algúns propuxeron o termo padrón molecular asociado a microbios[5] (MAMP) como alternativa máis correcta.[6] Propúxose que para constituír un PAMP (específico de patóxeno) cómpre que un sinal de virulencia con capacidade de unirse a un receptor de patóxenos se combine cun MAMP.[7] A inmunoloxía de plantas trata frecuentemente os termos "PAMP" e "MAMP" de maneira intercambiable, e considérase que a primeira etapa na inmunidade das plantas é a inmunidade desencadeada por PAMP ou PTI (do inglés PAMP-triggered immunity), unha resposta inmunitaria relativamente feble que aparece cando a planta hóspede non recoñece tamén efectores patoxénicos que a danan ou modulan a súa resposta inmune.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maverakis E, Kim K, Shimoda M, Gershwin ME, Patel F, Wilken R, Raychaudhuri S, Ruhaak LR, Lebrilla CB (February 2015). "Glycans in the immune system and The Altered Glycan Theory of Autoimmunity: a critical review". Journal of Autoimmunity 57 (6): 1–13. PMC 4340844. PMID 25578468. doi:10.1016/j.jaut.2014.12.002.
- ↑ Silhavy TJ, Kahne D, Walker S (May 2010). "The bacterial cell envelope". Cold Spring Harbor Perspectives in Biology 2 (5): a000414. PMC 2857177. PMID 20452953. doi:10.1101/cshperspect.a000414.
- ↑ 3,0 3,1 Dammermann W, Wollenberg L, Bentzien F, Lohse A, Lüth S (October 2013). "Toll like receptor 2 agonists lipoteichoic acid and peptidoglycan are able to enhance antigen specific IFNγ release in whole blood during recall antigen responses". Journal of Immunological Methods 396 (1-2): 107–15. PMID 23954282. doi:10.1016/j.jim.2013.08.004.
- ↑ Mahla RS, Reddy MC, Prasad DV, Kumar H (September 2013). "Sweeten PAMPs: Role of Sugar Complexed PAMPs in Innate Immunity and Vaccine Biology". Frontiers in Immunology 4: 248. PMC 3759294. PMID 24032031. doi:10.3389/fimmu.2013.00248.
- ↑ Ausubel FM (October 2005). "Are innate immune signaling pathways in plants and animals conserved?". Nature Immunology 6 (10): 973–9. PMID 16177805. doi:10.1038/ni1253.
- ↑ Didierlaurent A, Simonet M, Sirard JC (June 2005). "Innate and acquired plasticity of the intestinal immune system". Cellular and Molecular Life Sciences 62 (12): 1285–7. PMC 1865479. PMID 15971103. doi:10.1007/s00018-005-5032-4.
- ↑ Rumbo M, Nempont C, Kraehenbuhl JP, Sirard JC (May 2006). "Mucosal interplay among commensal and pathogenic bacteria: lessons from flagellin and Toll-like receptor 5". FEBS Letters 580 (12): 2976–84. PMID 16650409. doi:10.1016/j.febslet.2006.04.036. (Texto completo libre dispoñible)
- ↑ Jones JD, Dangl JL (November 2006). "The plant immune system". Nature 444 (7117): 323–9. Bibcode:2006Natur.444..323J. PMID 17108957. doi:10.1038/nature05286.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maverakis E, Kim K, Shimoda M, Gershwin ME, Patel F, Wilken R, Raychaudhuri S, Ruhaak LR, Lebrilla CB (February 2015). "Glycans in the immune system and The Altered Glycan Theory of Autoimmunity: a critical review". Journal of Autoimmunity 57: 1–13. PMC 4340844. PMID 25578468. doi:10.1016/j.jaut.2014.12.002.