Oswaldo González Pereira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1930 As Neves, España |
Morte | 24 de outubro de 2015 (85 anos) valor descoñecido |
Alcalde das Neves | |
1983 – 1999 ← Verísimo Sueiro Álvarez – Raúl Emilio Castro Rodríguez → | |
Alcalde das Neves | |
1969 – 1975 ← Laureano Fernández Fernández | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Premios | |
Oswaldo Lino González Pereira, nado nas Neves o 6 de febreiro de 1930 e finado o 24 de outubro de 2015, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No franquismo foi presidente da Cámara Agraria das Neves. Foi nomeado alcalde das Neves en 1969, sendo cesado en xullo de 1975.[1] Presentouse ás eleccións municipais de 1983 encabezando a candidatura de Coalición Popular e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 por AP e nas de 1991 e 1995 polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Entre 1995 e 1999 foi deputado provincial. Finou o 24 de outubro de 2015 con 83 anos.[2]
Predecesor: Laureano Fernández Fernández |
Alcalde das Neves 1969 - 1975 |
Sucesor: Antonio Soto Campos |
Predecesor: Verísimo Sueiro Álvarez |
Alcalde das Neves 1983 - 1999 |
Sucesor: Raúl Emilio Castro |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Fillo predilecto das Neves.
- Homenaxe e inauguración dun busto nas Neves en 2016.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 5-7-1975, p. 16.
- ↑ "Fallece el exregidor de As Neves Oswaldo González Pereira". Faro de Vigo. 26 de outubro de 2015.
- ↑ Homenajean al antiguo alcalde de As Neves Oswaldo Lino González