Skornabois
Aparencia
(Redirección desde «Os Skornabois»)
Skornabois | |
---|---|
Orixe | Vilanova de Lourenzá, Galicia |
Período | 1988 - 1998? |
Selo(s) discográfico(s) | Chorima |
Antigos membros | Xermán Viluba Emilio López Xoán Villamel Iván Laxe Patu |
Skornabois foi unha banda galega de punk/rap metal[1] formada no ano 1988 en Vilanova de Lourenzá. O grupo estivo composto durante case toda a súa traxectora por Xermán Viluba (guitarra e voz), Emilio López (voz), Xoán Villamel (batería) e Iván Laxe (baixo, programacións e teclados),[2] tendo como baixista a Patu nos seus primeirs tempos.[1]
A banda só editou dous traballos durante a súa carreira, o EP O verme homicida (1996) e o álbum Skornabois (1998). Ademais destes dous traballos, colaboraron co tema "A nova Fifi" no recompilatorio Unión Bravú (1996), con "O verme homicida" no Bambán Vol.2 (1997), e con "Plánta-te", a súa derradeira gravación, en Terra Terremota (1998).[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
O verme homicida | 1996 | Chorima | EP |
Skornabois | 1998 | Chorima | álbum |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Skornabois". GZmusica.com - Músicas da Galiza. Consultado o 2023-11-12.
- ↑ 2,0 2,1 "Skornabois - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-11-12.