Orde xigante
Aparencia
A orde xigante ou orde colosal é, en arquitectura clásica, unha orde na que as columnas ou pilastras presentan unha disposición especial na que se estenden atravesando varios niveis de altura.
Aínda que en tempos antigos algúns edificios achegábanse á orde xigante, este termo desenvolveuse co renacemento. Un dos primeiros edificios así construídos é a Basílica de San Andrés de Mantua, obra de Leon Battista Alberti. Tamén destaca aquí o Palacio dos Conservadores de Miguel Anxo. O James A. Farley Post Office Building de Nova York, afirma ser a maior columnata corintia de orde xigante no mundo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada do Palacio dos Conservadores, Roma.
-
Basílica de San Giorgio Maggiore de Andrea Palladio, Venecia.
-
Catedral de Xaén, Xaén.
-
Louvre, fachada oriental, París.