Operación Rheinübung
Aparencia
A operación Rheinübung (Unternehmen Rheinübung en alemán) foi unha saída cara ao océano Atlántico do acoirazado Bismarck e o cruceiro Prinz Eugen alemáns entre o 18 e o 27 de maio de 1941, durante a segunda guerra mundial. Esta operación tiña como obxectivo bloquear as rutas mercantes aliadas cara a Inglaterra, e rematou co afundimento do Bismarck.