O Mistério da Estrada de Sintra
O Mistério da Estrada de Sintra | |
---|---|
Título orixinal | O Mistério da Estrada de Sintra |
Autor/a | Ramalho Ortigão |
Orixe | Portugal |
Lingua | lingua portuguesa |
Data de pub. | 1870 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mistério da Estrada de Sintra é unha obra literaria de Eça de Queirós, e Ramalho Ortigão, publicada no Diário de Notícias, entre 24 de xullo e o 27 de setembro de 1870 en formato de cartas anónimas. Foi editado en libro en 1884. É a primeira obra narrativa de cariz policial da literatura portuguesa. Foi levada ao cine en 2007 por Jorge Paixão da Costa co título d' O Mistério da Estrada de Sintra.
Trama
[editar | editar a fonte]A historia comeza co secuestro dun médico (Dr. TTT) e do seu amigo escritor F. O rapto, realizado por catro enmascarados, ocorre na estrada de Sintra. O Dr. TTT e o seu compañeiro son levados para unha misteriosa casa, onde se encontraba o cadáver do inglés Rytmel. Sabendo que un deles era médico, os raptores pretendían verificar se, de facto, o home estaba morto. Entre tanto, son sorprendidos pola entrada dun mozo, A. M. C., que viría a esclarecer todo o misterio.
Rytmel era un oficial británico que morreu vítima dunha dose excesiva de opio que lle dera a amante (Luísa, condesa de W.), curmá do enmascarado alto. Esta simplemente quería adormecelo para confirmar nos seus papeis se estaba casado cunha irlandesa.
Luísa estaba casada cun home rico que non a facía feliz. Coñecera Rytmel nunha viaxe que fixera co marido e co curmán a Malta. Carmen disputara a Rytmel con Luísa. Cando Rytmel anuncia a Luísa a súa chegada, ao sospeitar da súa voda con outra muller, Miss Shorn, fica celosa e mátao involuntariamente.
A.M.C., estudante de Coímbra, honesto e provinciano, ouviu as confidencias da condesa e disponse a axudala na noite da morte de Rytmel, en que a encontrara entolecida e nerviosa. Cando volta ao lugar do crime, a pedimento de Luísa, atopa os bandidos, o médico e o seu amigo.
Todos xuntos xulgarían a actitude de Luísa e fan o enterro do pobre inglés. Luísa acaba por se illar nun convento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Mistério da Estrada de Sintra, dispoñíbel no Proxecto Gutenberg (en portugués)