Nove dragóns
Nove dragóns | |
---|---|
Artista | Chen Rong |
Data | 1244 |
Técnica | Tinta chinesa e cor sobre papel Xuan |
Dimensións | 43,9 cm cm × 1496,4 cm cm |
Localización | Museo de Belas Artes (Boston) |
Nove dragóns (en chinés: 九龍圖卷) é un rolo manuscrito pintado polo artista chinés Chen Rong no ano 1244. É unha representación das aparicións dos dragóns que acompañan as nubes, os neboeiros, os remuíños, o lume e as montañas rochosas, unha pintura que reflicte as forzas dinámicas da natureza segundo o taoísmo. Os dragóns descritos son asociados cos nove fillos do Rei Dragón, xa que o número nove é considerado benéfico na astroloxía e crenzas populares chinesas.[1]
A pintura contén múltiple inscricións e selos, e comeza polo lado dereito e remata polo esquerdo. O lado esquerdo presenta varios colofóns, incluíndo os de Zhang Sicheng e Dong Sixue, un oficial da dinastía Song. Dúas das inscricións da pintura foron feitas pola propia man do artista.[2] A datación da obra está baseada nunha delas. Segundo a inscrición do final da pintura, o traballo foi inspirado por dúas outras pinturas, Nove cabalos de Cao Ba, e Nove cervos, atribuído a Huichong.[2] Unha inscrición máis tardía do Emperador Qianlong di que ademais de eloxiar a pintura de Chen Rong, Qianlong ordenou a un pintor da corte que lle fixera unha copia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ponte Ryūrui. Beyond Calligraphy, ed. "Nine Sons of The Dragon King". Consultado o 17 de outubro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Digital Scrolling Paintings Project (ed.). "Nine Dragons". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013.