Nitaskinan
Aparencia
Nitaskinan é o territorio ancestral do pobo atikamekw. Atópase no val do río Saint-Maurice, no Quebec. Abrangue unha área de 80,000 km2.[1] O 8 de setembro de 2014, o Conseil de la Nation Atikamekw declarou unilateralmente a soberanía da nación atikamekw en Nistaskinan.[2][3][4][5] O obxectivo disto é obter un dereito de supervisión dos proxectos que explotan os recursos naturais e fortalecer a identidade dos atikamekw. Nistaskinan quere dicir "a nosa terra" en lingua atikamekw. Dende unha perspectiva legal, e segundo a Indian Act, os atikamekw teñen a administración de tres reservas indias, Manawan, Obedjiwan e Wemotaci, mais Nitaskinan abrangue unha área moito maior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Les Attikameks s'attaquent à l'indifférence de Québec". Le Devoir (en francés). 9 de setembro de 2014. Consultado o 20 de abril de 2017.
- ↑ "Les Atikamekw déclarent leur souveraineté". Radio-Canada.ca (en francés). 8 de setembro de 2014. Consultado o 20 de abril de 2017.
- ↑ Caron, Jean-François (2016). "La declaration de souveraineté de la nation atikamekw : les méandres de l'octroi d'un titre aborigène". Canadian Ethnic Studies (en francés) 48 (1): 141–160. ISSN 0008-3496. Consultado o 20 de abril de 2017.
- ↑ "Couillard minimise la portée de la déclaration de souveraineté Atikamekw". Radio-Canada.ca (en francés). 9 de setembro de 2014. Consultado o 20 de abril de 2017.
- ↑ Gagné, Louis (8 de setembro de 2014). "Les Atikamekws declarant leur souveraineté". TVA Nouvelles (en francés). Consultado o 20 de abril de 2017.