Músculo oblicuo externo
O músculo oblicuo externo é un músculo da parede abdominal.
Características
[editar | editar a fonte]É o músculo máis superficial dos músculos do plano anterolateral da parede abdominal. Está inmediatamente por debaixo da fascia superficial. As súas febras están dispostas lateralmente e seguen unha dirección inferointerna. A súa aponeurose cobre a parte anterior da parede abdominal ata a liña media. Preto da liña media, a aponeurose de ambos lados únese coa oposta formando a liña alba, que se estende en vertical dende a apófise xifoide ata a pube.
Estruturas relacionadas
[editar | editar a fonte]O oblicuo externo ancórase a diversas estruturas por medio de varios ligamentos. O bordo inferior da aponeurose únese ao ligamento inguinal. Esta unión áchase reforzada pola existencia dun ligamento lacunar, que se estende dende o ligamento inguinal ata a crista pectínea da cadeira. Outras febras esténdense do ligamento lacunar ata a pube para constituír o ligamento pectíneo ou de Cooper.
Función
[editar | editar a fonte]Recobre a parte anterior e lateral do abdome.
Vascularización e innervación
[editar | editar a fonte]A parte superior é vascularizada por vasos intercostais, mentres que a parte inferior recibe achega sanguínea de varios vasos ilíacos. A innervación procede dos nervios intercostais e do nervio subcostal.