Museo Naval de Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo Naval Torre del Oro
Sevilla Torre del oro.JPG
Torre del Oro sede do Museo Naval
País España España
Cidade Sevilla
Inauguración 24 de xullo de 1944
Sitio Web Museo Naval

O Museo Naval Torre del Oro (Sevilla),[1] está localizado dentro da defensiva Torre del Oro, símbolo da cidade, as beiras do río Guadalquivir e xunto á praza de touros da Real Maestranza en Sevilla.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de ser museo, o monumento foi usado como capela, almacén de pólvora, oficinas da capitanía do porto, prisión etc. O museo en si foi creado por orde ministerial de 21 de marzo de 1936, sendo filial do Museo Naval da Armada, pero por mor da guerra civil foi inaugurado no ano 1944, estando dividido en dúas plantas de pequenas dimensións, a baixa, de 85 m², e a primeira, de 127 m², en total 623 m² entre os que se reparten todos os elementos que se mostran ao visitante.

Contido[editar | editar a fonte]

Entre o seus obxectos pódense observar restos mariños fosilizados, mecanismos de artes náuticas, compases, mascaróns de proa, cadros e gravados con temática mariñeira, cartas mariñas antigas e documentos históricos.

De entre as vitrinas que conteñen estas maquetas de barcos cabe destacar especialmente un barco a vapor de pasaxeiros, o “Real San Fernando”, de construción española que realizou o seu primeiro servizo o 16 de xullo de 1817.

Visita[editar | editar a fonte]

Actualmente o prezo da visita é de 1€, sendo gratuíta a entrada os martes.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • PULIDO, Ildefonso; DELGADO, Melquíades (1992). Museo Marítimo Torre del Oro. Madrid. Editorial: Museo Naval, Servicio de Publicaciones de la Armada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]