Moving Pictures

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Moving Pictures
Álbum de Rush
Publicado12 de febreiro de 1981
GravaciónLe Studio, en Morin-Heights
Duración40:03
Xénero(s)rock progresivo, hard rock
Selo(s)Anthem Records
Producido porRush, Terry Brown
Cronoloxía
Permanent Waves Moving Pictures Exit...Stage Left

Moving Pictures é o oitavo álbum da banda canadense de rock progresivo Rush, publicado o 12 de febreiro de 1981 a través do selo Anthem Records. Foi gravado e mesturado entre outubro e novembro de 1980 en Le Studio, en Morin-Heights, Quebec. Construído a partir do seu anterior traballo, Permanent Waves, Moving Pictures ten un formato máis amigable e inclue varias das cancións máis coñecidas do grupo, como os sinxelos "Tom Sawyer" e "Limelight", "Red Barchetta", e o tema instrumental "YYZ".

Moving Pictures converteuse no seu álbum máis vendido nos Estados Unidos, chegando ao número 3 da lista Billboard 200, e a día de hoxe continua a ser o seu disco máis exitoso comercialmente. O álbum foi un dos primeiros en ser certificado multi-platino pola RIAA tras establecer esa categoría en outubro de 1984, chegando a ser finalmente cuádruplo platino. Moving Pictures é un dos dous disco de Rush listados no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer (2112 e o outro).[1] A revista Kerrang! situou a Moving Pictures no 43 da lista dos "100 mellores álbums de heavy metal de todos os tempos". No ano 2012 foi listado como número 10 na lista "Your Favorite Prog Rock Albums of All Time" da Rolling Stone.[2] En 2014 os lectores de Rhythm votaron a Moving Pictures como o álbum con mellores baterías de toda a historia do rock progresivo.[3]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Neil Peart agás onde se indique, toda a música composta por Alex Lifeson e Geddy Lee agás onde se indique.

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Tom Sawyer" (Peart e Pye Dubois) 4:34
2. "Red Barchetta"   6:10
3. "YYZ" (Lee, Peart; Instrumental) 4:26
4. "Limelight"   4:20
Cara 2
N.º Título Duración
5. "The Camera Eye
  • I: New York
  • II: London"  
11:01
6. "Witch Hunt" (Part III of "Fear") 4:46
7. "Vital Signs"   4:46

Notas[editar | editar a fonte]

  1. rocklist.net (ed.). "1001 Albums You Must Hear Before You Die". Consultado o 24 de maio de 2017. 
  2. Rolling Stone (ed.). "Your Favorite Prog Rock Albums of All Time". Consultado o 30 de maio de 2017. 
  3. Team Rock (ed.). "Peart named most influential prog drummer". Consultado o 30 de maio de 2017.