Modelo científico
Un modelo científico pódese considerar como unha forma de simplificar os comportamentos que se están a dar constantemente na natureza. Neste modelo búscase principalmente unha hipótese que dea resposta a un fenómeno ou comportamento presente na natureza. Para poder chegar ao final do estudo e conseguir un modelo científico, os científicos acostuman a empregar o "método hipotético-dedutivo".
Principios históricos
[editar | editar a fonte]A idea de modelo científico xurdiu xa na Idade Moderna (a partir do século XVI) da man do chamado método científico. O modelo científico xorde nesta época como unha forma de intentar dar explicacións do que pasaba na natureza e dar resposta a todos aqueles fenómenos que acontecían nela. Na ciencia o modelo científico é unha idealización do fenómeno estudado.
Moitos foron os creadores de modelos científicos ao longo de séculos, pero cabe destacar a Galileo no XVI, Newton no XVIII e Einstein no XX.
Tipos de modelos científicos
[editar | editar a fonte]- Modelos físicos: son utilizados no campo da física; polo tanto son simplificacións matemáticas da realidade.
- Modelos matemáticos: son utilizados no campo das matemáticas; polo tanto son simplificacións matemáticas. Poden dividirse en seis, que son:
- Modelos conceptuais: son utilizados nun amplo campo de estudos. Exemplos destes son: