Mireya Agüero
Biografía | |
---|---|
Secretary of Foreign Affairs of Honduras (en) | |
1 de maio de 2013 – 15 de novembro de 2014 ← Arturo Corrales (en) – Arturo Corrales (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, política, avogada |
Mireya Agüero de Corrales é unha política, avogada e diplomática hondureña. Foi Ministra de Relacións Exteriores do seu país no período de 2013 a 2014 baixo o mandato de dous Presidentes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten un título en Dereito e unha especialización en Relacións Internacionais. Uniuse ao servizo consular en 1981 e ao servizo exterior en 1983.[1]
Tivo diferentes cargos até ser nomeada Ministra de Relacións Exteriores de Honduras en abril de 2013. Previamente fora nomeada polo Presidente Porfirio Lobo como subsecretaria de Estado en Política Exterior (viceministra) durante un breve período, asumindo a titularidade do ministerio o 1 de maio dese ano en substitución de Arturo Corrales quen sería situado como Ministro de Seguridade.[2][3][4]
Agüero continuou no cargo co novo Presidente Juan Orlando Hernández durante o seguinte ano, renunciando o 6 de novembro de 2014 por motivos persoais, facéndose efectiva o 15 de novembro do mesmo ano.[5][6]
En outubro do 2015 anunciouse que o Presidente Hernández nomeou á sobriña de Agüero, María Dolores Agüero, como viceministra de Relacións Exteriores.
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Chile: Gran Cruz da Orde ó Mérito (15 de novembro de 2011).[1]
- Honduras: Gran Cruz, Placa de Prata, da Orde de Morazán (11 de xaneiro de 2012).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Curriculum Vitae de la Embajadora Mireya Agüero de Corrales, Secretaría de Relaciones Exteriores de Honduras". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Nombran a Mireya Agüero de Corrales como canciller de Honduras. Uniradio Noticias, 16 de abril de 2013.
- ↑ "Mireya Agüero, la nueva canciller hondureña". Proceso Digital (en castelán). 2013-04-16. Consultado o 2022-02-20.
- ↑ "Renuncia la canciller de Honduras Mireya Agüero". La Vanguardia (en castelán). 2014-11-06. Consultado o 2022-02-20.
- ↑ Renuncia la canciller de Honduras Mireya Agüero[Ligazón morta]. El Nacional, 6 de novembro de 2014.
- ↑ Entre lágrimas, Agüero se despide de su personal. La Prensa, 7 de novembro de 2014.