María Dolores Agüero
María Dolores Agüero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de outubro de 1982 |
Nacionalidade | Honduras |
Alma máter | Universidade de Heidelberg, Universidade de Chile e Universidade Nacional Autónoma das Honduras |
Ocupación | diplomática |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Dores Agüero Lara, nada en 1982, é unha política e diplomática hondureña. Foi secretaria de Estado de Relacións Exteriores e Cooperación Internacional do seu país desde o 27 de marzo de 2017 até o 23 de xullo de 2019.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Familia e educación[editar | editar a fonte]
O seu pai foi vicepresidente do Banco Atlántida. Ten un irmán e unha irmá.[1] Estudou Ciencias Xurídicas con orientación en Dereito Internacional na Universidade Nacional Autónoma de Honduras e realizou unha mestría en Dereito Internacional, Investimentos, Comercio e Arbitraxe da Universidade de Chile e a Universidade de Heidelberg co apoio do Instituto Max Planck de Dereito Público Comparado e o Instituto de Estudos Internacionais da Universidade de Chile.[2][3]
Carreira[editar | editar a fonte]
Foi asesora legal do Consello Hondureño da Empresa Privada (COHEP) e asociada do bufete de avogados López Rodezno. Comezou a traballar no Ministerio de Relacións Exteriores e Cooperación Internacional en 2010.[1] Dentro desta secretaría traballou como Asesora Legal en materia de Promoción de Investimentos e Comercio, e foi membro do comité organizador do evento Honduras Is Open For Business en 2011, coordinadora da Presidencia pro-Tempore do Sistema da Integración Centroamericana (SICA) e Directora de Integración en 2012.[4]
En 2013 uniuse ao Servizo Diplomático e Consular de Honduras. Foi comisionada presidencial da Integración, representante por Honduras ante o Comité Executivo do SICA, e representante e voceira na Comisión de Seguridade de Centroamérica. Representou a Honduras en diferentes foros internacionais das Nacións Unidas e participou nos Consellos de Ministros de Relacións Exteriores do SICA, da Asociación de Estados do Caribe (AEC), da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC), da Organización de Estados Iberoamericanos (OIE) e da Organización dos Estados Americanos (OEA).[2][3]
Foi nomeada viceministra de Relacións Exteriores en decembro de 2015 e ministra desta Secretaría o 27 de marzo de 2017 —en substitución de María Andrea Matamoros, quen se desempeñaba de maneira interina trala renuncia de Arturo Corrales.[2] Foi substituída nese cargo o 23 de xullo de 2019, e pasou a ser nomeada embaixadora de Honduras en Washington o 15 de agosto.[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "María Dolores Agüero, canciller por ley". 4 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Curriculum vitae" (PDF). Parlamento Europeo. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Secretaría de Relaciones Exteriores de Honduras. "Curriculum vitae - Secretaria de Estado en el Despacho de Relaciones Exteriores, María Dolores Agüero Lara". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ "María Dolores Agüero Lara". CEPAL. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2019. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Eduin Fúnez (23 de julio de 2019). "Juramentan a Lisandro Rosales como nuevo Canciller de Honduras". Tiempo. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ "EE.UU. concede el beneplácito a María Dolores Agüero como embajadora de Honduras". Agencia EFE. 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.