Máquina meteorolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Meteorologický stroj»)
Máquina meteorolóxica na casa de Prokop Diviš

A máquina meteorolóxica, en checo Meteorologický stroj, foi o nome do primeiro pararraios conectado a terra, deseñada por Prokop Diviš.[1] Consistía en 400 puntas metálicas unidas na parte superior dun piar de apoio de 42 m de altura, unidas de forma condutora aos conos de terra de ferro enterrados no chan.

Historia[editar | editar a fonte]

Diviš describiu a súa máquina no tratado "Descriptio machinae meteorologicae". Supoñíase que debía "chupar" os raios do aire, pero despois de ficar exposta, o 15 de xullo de 1754 no xardín da súa casa en Přímětice u Znojma, pero ese verán prevaleceu un tempo moi cálido. Os veciños creron que a culpa era da máquina e por tal motivo derrubárona.

Anos máis tarde, en 1760 as treboadas provocaron moitos estragos nos campos e viñedos, e os veciños pedíronlle a Diviš que reconstruíse a máquina, cousa que fixo no recinto do mosteiro de Loucky e no alto da torre da igrexa.

Concepto[editar | editar a fonte]

A idea orixinal era eliminar continuamente a electricidade das nubes e evitar así os raios e as tormentas, só en caso de fallar, a máquina tamén debería ser capaz de atraer directamente o lóstregro e canalizalo cara ao chan. Propuxo a súa máquina para ser usada en torres de igrexas e barcos. Enviou as súas observacións sobre o funcionamento da máquina a Jan Antonín Scrinci, profesor de física da Universidade Carolina de Praga, quen as publicou en Prager Postzeitungen, Brünner Intelligenz-Zettel e no Stuttgartisches Journal. A máquina tamén é mencionada por Leonhard Euler en Lettres à une Princesse d'Allemagne.

En 1755 Diviš pediulle ao emperador Fernando I de Austria que lle permitise construír máis máquinas en varios lugares para o benestar do pobo. O emperador deixou que os matemáticos de Viena valorasen a proposta, pero rexeitárona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meteorologický stroj". www.kampocesku.cz (en checo). Consultado o 2022-07-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.