Saltar ao contido

Mestre de Taüll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMestre de Taüll

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Maestro de Tahull Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoII milenio Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, muralista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XII Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

O Mestre de Taüll é un pintor de identidade descoñecida, considerado o máis grande pintor mural do século XII en Cataluña e un dos pintores románicos máis importantes de Europa. A súa obra principal, da que toma o seu nome, é a da igrexa de San Clemente de Taüll. Salienta como un pintor moi formado que domina as técnicas e que coñece a iconografía que se empregaba naquel momento.

A súa forma de articular os espazos considérase case perfecta. Debuxa as facianas das figuras con gran realismo e estilización. Utiliza na súa gama cromática as cores carmín, azul e branco. Chegou a pensar que trouxo de Italia, ademais das ferramentas, os materiais necesarios para o seu traballo.

Grazas a unha pintura nunha das columnas da nave, sabemos que o 10 de decembro de 1123 o bispo Ramon de Roda consagrou a igrexa de Taüll;[1] e moi probábel que entrase en contacto con este mestre, encargando daquela da decoración da pequena ábsida da catedral de Roda de Isábena en Huesca .

As pinturas da capela maior de Santa María de Taüll teñen bastante afinidade coas de San Clemente, e dedúcese que o artista tiña que ser do círculo do Mestre de Taüll, aínda que a súa obra é menos brillante e cunha gama cromática menos rica en matices.

  1. Guia del Museu Nacional d'Art de Catalunya. páxina 42. Primeira edición: decembro de 2004. ISBN 84-8043-136-9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Junyent, Eduard. Rutas románicas de Cataluña/I. Editorial Encuentro, Madrid 1995. ISBN 84-7490-390-4
  • Pijoán, José. Historia general del arte, Volumen IX, colección Summa Artis. El arte románico siglos XI y XII. Editorial Espasa Calpe S.A. Madrid 1949.
  • Gudiol, José. Cataluña, tomo I, sección de Arte. Colección Tierras de España. Editorial Noguer, 1974. Publicaciones de la Fundación Juan March. ISBN 84-7075-019-4

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]