Menú do día
Aparencia
En restauración, o menú do día é o tipo de menú servido nos establecementos nos cales se oferta varios pratos dentro dunha oferta limitada, mantendo un prezo fixo, xeralmente económico, indepentemente do prato que se escolla.[1] Adoita estar composto por unha elección para o primeiro e o segundo prato. Nalgúns casos poden incluír tamén bebida, sobremesa ou café. É típico de España, e a súa orixe está no menú turístico que estableceu o ministerio de turismo en 1965 cun prezo máximo segundo a categoría do establecemento[2].