Saltar ao contido

María Lama Trigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Lama Trigo
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentadora Editar o valor en Wikidata

Twitter: Maria_Lama Instagram: marialama80 Editar o valor en Wikidata

María Lama Trigo, nada en Vigo o 29 de marzo de 1980,[1] é unha xornalista e locutora de radio galega. Deuse a coñecer ó público en xeral como copresentadora no morning show dos 40 Principales Anda ya xunto a Frank Blanco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en xornalismo, traballou na COPE, onde realizou as prácticas, a Cadena SER e nos 40 Principales.

O seu expediente académico abriulle as portas para realizar as prácticas na Cadena SER para posteriormente pasar a formar parte dos seus servizos informativos. Cómpre salientar a súa participación nos programas “Hora 25” e “Hoy por hoy” cando eran dirixidos, respectivamente, por Carlos Llamas e Iñaki Gabilondo.

Deu o gran salto a Los 40 Principales cando se incorpora como copresentadora do programa morning show Anda Ya. En xullo de 2012 despediuse de Anda Ya e de Los 40 Principales e incorpórase como copresentadora do "morning show" Atrévete na emisora de pop español, Cadena Dial, tamén presentado por Frank Blanco. En setembro de 2013 volve de copresentadora a Anda Ya desta volta capitaneado por Xavi Rodríguez. Dende setembro de 2014 é a copresentadora do programa de radio de Mediaset, MorninGlory xunto a Álvaro de la Lama.[2]

O 11 de xaneiro de 2016 comeza unha nova etapa en Kiss FM (España) como presentadora do espazo "Las Mañanas Kiss" xunto ao seu antigo compañeiro Xavi Rodríguez.[3]

Televisión

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2014 uniuse ao programa de Cuatro Todo va bien como colaboradora. O programa foi emitido no access prime time de luns a venres ás 21:30 e presentábao Xavi Rodríguez e Edurne.[4] Dende 2016, colabora no programa Zapeando na Sexta.

En 2016 colaborou no programa Zapeando en La Sexta.

  1. "María Lama Trigo". ecoteuve.eleconomista.es. Arquivado dende o orixinal o 11-03-2018. Consultado o 10-03-2018. 
  2. "María Lama copresentará el programa de radio 'Morninglory'". ecoteuve.eleconomista.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2023. Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  3. "EXCLUSIVA: XAVI RODRÍGUEZ REGRESA A LA RADIO Y FICHA POR KISS FM". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016. 
  4. "Cuatro estrena 'Todo va bien', con Xavi Rodríguez y Edurne". cadenaser.com. 23 de xuño de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2023.