Maryam Salama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaryam Salama
Nome orixinal(ar) مريم سلامة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) مريم أحمد سلامة Editar o valor em Wikidata
1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Trípoli, Libia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLibia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Trípoli (–1987) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , poeta , tradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata


Maryam Ahmed Salama, nada en Trípoli en 1965, é unha escritora libia, citada como "a luz que guía unha nova xeración de escritoras libias"[1]. Os seus relatos de ficción están baseados na posición da muller na sociedade libia contemporánea[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1987 graduouse en Literatura e Cultura na Universidade de Trípoli[3]. Traballa como tradutora no Proxecto Cidade Vella en Trípoli[3], con énfase nos estudos históricos.

As súas obras en prosa e verso foron publicadas en revistas e xornais de Libia e dos países de lingua árabe[4], especialmente tras a flexibilización das leis de censura no seu país na década de 1990.[5] En 2012 participou no Festival Internacional de Poesía de Trípoli, organizado por Ashur Etwebi e Khaled Mattawa, o primeiro evento desas características celebrado no país tras a caída de Muamar al-Qadafi.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ahlam tifla sajina (poesía, 1992)
  • La shay'siwa al bulm (poesía, 1992)
  • "Min Bab ila Bab" (relato)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marozzi, J. (31 de decembro de 2015). "Book review: Translating Libya by Ethan Chorin opens a window into a diverse country". The National. 
  2. St John, R. B. (2015). Libya: Continuity and Change. Routledge. p. 64. ISBN 9781135036546. 
  3. 3,0 3,1 Ashour, R.; Ghazoul, F. J.; Reda-Mekdashi, H., eds. (2008). Arab Women Writers: A Critical Reference Guide, 1873-1999. American University in Cairo Press. 
  4. ʻĀshūr, R.; Ghazoul, F. J. (2008). Arab Women Writers: A Critical Reference Guide, 1873-1999. American Univ in Cairo Press. p. 479. ISBN 9789774161469. 
  5. Falola, T; Morgan, J.; Oyeninyi, B. A. (2012). Culture and Customs of Libya. ABC-Clio. p. 54. ISBN 9780313378591. 
  6. "Khaled Mattawa Organizes Tripoli International Poetry Festival". News & Events, University of Michigan, English Language and Literature. 25 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2019. 
  7. Chorin, E. (2008). Translating Libya: The Modern Libyan Short Story. Saqi/SOAS Press. pp. 123–131. ISBN 9780990376668.