Marta Lucio
(Redirección desde «Marta Lucio Gómez»)
Marta Lucio | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1974 |
Lugar de nacemento | Meis |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marta Lucio Gómez, nada en Meis en 1974, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionaria do servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra, en 2011 foi nomeada directora do Museo do Mar en substitución de Pablo Carrera.[1] Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra e foi elixida senadora.