Saltar ao contido

Marie Van Brittan Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarie Van Brittan Brown
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Jamaica, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Van_Brittan-1

Marie Van Brittan Brown, nada en Queens (Nova York) o 30 de outubro de 1922 e finada o 2 de febreiro de 1999, foi unha inventora estadounidense. Inventou un sistema de vixilancia doméstico que incluía un circuíto pechado de televisión, que rexistrou en 1966 xunto ao seu marido Albert Brown co número de patente 3,482,037. A patente foi concedida en 1969.

O sistema de Brown tiña un conxunto de catro obxectivos e unha cámara que podía subir e baixar para mirar por cada un deles. Calquera cousa que a cámara filmase aparecería nun monitor. Ademais, o residente podería abrir a porta por control remoto. Aínda que o sistema foi deseñado para uso doméstico, moitos negocios comezaron a utilizalo pola súa efectividade. Pola súa invención recibiu un premio do National Science Committee.[1]

O sistema incluía un dispositivo que permitía ao residente usar o televisor para ver á persoa que estivese fronte á súa porta e escoitar a súa voz.[2] Brown dixo que a inspiración para crear o sistema foi a gran demora da policía para chegar tras a chamada dos residentes.[1]

A súa contribución é recollida na campaña Superheroinas STEM.[3]

  1. 1,0 1,1 "Inventor Marie Van Brittan Brown born". African American Registry (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2016. 
  2. Webster, Raymond B. (1999). African American firsts in science & technology (en inglés). Detroit: Gale. p. 127. ISBN 0787638765. 
  3. "Superheroinas STEM". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-04-24. Consultado o 2021-03-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Social Security Death Index
  • United States Patent Office
  • Black Stars: African American Women Scientists and Inventors, by Sullivan et ao., publ. Jossey-Bass, 2001, [ISBN 0-471-38707-X] 
  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.