Saltar ao contido

Maribel Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaribel Lorenzo
Biografía
Nacemento(es) María Isabel Lorenzo Gómez Editar o valor en Wikidata
29 de abril de 1946 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 1981 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Participou en
1976EuroBasket 1976 Women (en) Traducir
1974EuroBasket 1974 Women (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Fillosdous Editar o valor en Wikidata

María Isabel Lorenzo, coñecida como Maribel Lorenzo, nada en Vigo[1] na primavera de 1946 e finada o 22 de abril de 1981, foi unha xogadora de baloncesto galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con 1,85 m de altura e de posición pivote, comezou a xogar ao baloncesto no colexio das Carmelitas de Vigo. Con 18 anos pasou ao Estudantes, en 1965, club co que conseguiu o ascenso a Primeira división ese ano e disputou xa a primeira temporada na primeira división en 1965-1966. A partir de 1969 o club pasou a chamarse Celta de Vigo, no que seguiu a xogar. Na tempada 1972-73 acadou o equipo vigués a terceira praza na Liga, e na temporada seguinte, 1973-74, o subcampionato, por detrás do Ignis Mataró. O subcampionato valeulle para participar na temporada seguinte na Copa Ronchetti, o primeiro torneo internacional de clubs de Lorenzo.

Despois de dúas temporadas conseguindo o terceiro posto da liga, na 1976-77 Lorenzo conseguiu a súa primeira Liga co Celta de Vigo, que se converteu tamén no segundo conxunto galego en obtela. Repite Lorenzo de novo o máximo título na tempada 1978-79, que ademais foi o ano da súa despedida.

Nos torneos internacionais de baloncesto de equipos, Lorenzo chegou co Celta de Vigo a oitavos na Copa Ronchetti de 1975, 1976, 1977 e 1979. Na Copa de Europa de 1980 tamén caeu o Celta de Vigo en oitavos contra o Universitario de Clermont francés.

Coa selección española de baloncesto chegou a disputar 35 partidos internacionais, entre eles dous Campionatos de Europa, en 1974 e 1976. No Eurobasket Feminino de 1974, disputado en Italia, a selección española disputou seis partidos, dos que só venceu a Dinamarca, e onde Lorenzo converteu 39 puntos. En troques, no Eurobasket Feminino de 1976, celebrado en Francia, a selección española obtivo tres vitorias na fase clasificatoria e unha vitoria e dúas derrotas na fase final, ademais de dúas vitorias na liguiña polos postos finais. Porén Lorenzo apenas xogou e só converteu un tanto contra os Países Baixos.

Ao retirarse da elite deportiva logo de 14 tempadas en Primeira división, continuou xogando, neste caso no Círculo Mercantil de Vigo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Finou na Residencia Almirante Vierna tras sufrir unha trombose nun adestramento.[2]

  1. "La jugadora internacional". El País (en castelán). 23-4-1981. Consultado o 7-11-2017. 
  2. "Maribel Lorenzo, gravísima" ABC, 22-4-1981 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]