Manuel López Lorenzo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1842 Santiago de Compostela, España |
Morte | 28 de abril de 1883 (40 anos) Chivilcoy, Arxentina (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Manuel López Lorenzo, nado en Santiago de Compostela o 19 de maio de 1842 e finado en Chivilcoy (Buenos Aires) o 28 de abril de 1883, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou no Seminario de Santiago de Compostela, pero abandonouno con 20 anos. En 1864 emigrou a Arxentina, onde foi director de diversas escolas de Buenos Aires. Colaborou en varias publicacións periódicas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Corona poética o Cantares patrióticos a los héroes del Callao, 1866.
- Camila O’Gorman, 1870.
- Una venganza feliz, 1872.
- Flores del alma, 1874.
- Pobres y ricos, 1897.
- Las hijas sin madre, 1898 (zarzuela).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roggiano, Alfredo A. (1958). Una obra desconocida del teatro hispano-americano. Una venganza feliz de Manuel López Lorenzo. México: Cultura. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2013.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Galicia.