Manu Catoira
Aparencia
Manuel Rodríguez Paz, coñecido polo alcume de Manu Catoira, nado en Catoira o 1 de xaneiro de 2005, é un futbolista galego.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2005 (18/19 anos) Catoira, España | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||
|
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 20017, con só 12 anos, comezou a xogar no Celta de Vigo, na categoría de infantís. Seguiu progresando na canteira celeste a medida que ía medrando (cadete e xuvenil). Co equipo de xuvenís do Celta de Vigo, disputou partidos durante tres temporadas en división de honra e conseguiu o campionato en 2022 e 2023[1]. Xoga de centrocampista e é o capitán do equipo. Foi sinalado como un dos mellores futbolistas galegos[2] homes de entre os nados en 2005 pola Voz de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Así se repartió en protagonismo en liga en el Celta, campeón de División de Honor". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-09. Consultado o 2023-12-30.
- ↑ "El gran fútbol gallego que viene: 50 perlas a seguir en los próximos años". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-29. Consultado o 2023-12-30.