Saltar ao contido

Manuel Caamaño Añón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manolo Caamaño Añón»)
Modelo:BiografíaManuel Caamaño Añón
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Buño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoleiro Editar o valor en Wikidata

Manolo Caamaño Añón, nado en Buño en 1950, é un artesán ceramista e escultor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende cativo comezou a aprender o oficio de ceramista traballando no obradoiro familiar, nunha das olerías máis importantes de Galiza, a de Buño. Aos 27 anos, independízase do taller de seu pai e instala un obradoiro en Covas (Ames). Ten realizadas diversas exposicións como artista.

Usa o torno de roda. Nos seus comezos traballou a arxila de Buño, pero evolucionou para traballar con gres, arxila refractaria e porcelana, ás que lles dá uns característicos acabamentos en esmalte.