Mamisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mammisi»)
Mamisi do Templo de Edfu.

No Antigo Exipto, os mamisi eran uns templos pequenos construídos preto dos templos principais en época tardía. Neles representábase o nacemento divino de Horus e por iso tamén se coñecen como casa do nacemento. O nome déullelo Champollion.

O misterio do nacemento era un rito esencial da realeza exipcia, que se dicía descendente da divindade. Os ritos, a "Festa da Coroación", tiñan lugar no patio ou nos propileos do templo. Os mamisi conservados son os de Kom Ombo, Dendera, Filé, Edfu e Kalabcha.