Lúa de Mercurio
Por un breve espazo de tempo, pensouse na posibilidade da existencia dunha Lúa de Mercurio, é dicir, un satélite natural ou lúa na órbita do planeta Mercurio. Así, o 27 de marzo do 1974, dous días antes de que a sonda Mariner 10 sobrevoase Mercurio, instrumentos na Terra comezaron a rexistrar incrementos nas cantidades de radiación ultravioleta na veciñanza de Mercurio, o cal, de acordo cun astrónomo, "esta non debería estar aí".[1] Ao seguinte día, a radiación desaparecera, e volvería a reaparecer tres días despois, o que daba a aparencia de que o obxecto do cal proviña esta radiación estaba aparentemente desligado de Mercurio.[1]. Algúns astrónomos especularon coa posibilidade de que se tivese detectado unha estrela, pero outros argumentaban que o obxecto debía ser unha lúa, citando a emisión de radiación en dúas direccións diferentes e que tamén que por aqueles tempos pensábase que a radiación de alta enerxía non podía penetrar tanto a través do medio interestelar.[1] E sumandose a estes argumentos, a velocidade do obxecto foi calculada en 4 quilómetros por segundo (2,4 millas por segundo), o cal coincidía coa velocidade esperada dunha lúa.[1] Nunha entrevista ó descubridor, este dixo que se o descubrimento era confirmado, gustaríalle que fose nomeado coma 'Charley'. Cando se lle preguntou o porque, el respondeu "Unha vez tiven un can con ese nome, e sempre quixera pórlle nome a algo despois de ter aquel can".[Cómpre referencia]
Sen moita demora, a "lúa" foi detectada afastándose de Mercurio, e foi identificada coma unha estrela, 31 Crateris. A orixe da radiación detectada o 27 de marzo aínda é descoñecida.[1]
A Lúa de Mercurio, aínda que inexistente, deu paso a un descubrimento moi importante para a astronomía: a radiación ultravioleta, foi atopada, e esta non era completamente absorbida polo medio interestelar coma se pensaba nun principio.