Saltar ao contido

Luis de Carlos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis de Carlos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1907 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1994 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
12º Presidente do Real Madrid
setembro de 1978 – 24 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Luis de Carlos Ortiz, nado en Madrid o 16 de marzo de 1907 e finado na mesma cidade o 27 de maio de 1994, foi un dirixente deportivo que ocupou o cargo de presidente do Real Madrid entre 1978 e 1985.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Socio do Real Madrid desde 1942 e directivo desde 1957, en 1978 substituíu o seu mentor e amigo Santiago Bernabéu tralo seu falecemento, e despois da renuncia ao cargo do vicepresidente Raimundo Saporta, a quen todos sinalaban como sucesor.[1]

Durante o seu mandato pasaron polo banco do equipo Vujadin Boškov, Luis Molowny, Alfredo Di Stéfano e Amancio Amaro e o club gañou dúas ligas, dúas Copas do Rei e unha Copa da UEFA.[2][3] Tamén baixo a súa presidencia levouse a cabo unha importante remodelación do estadio Santiago Bernabéu para ser sede do Mundial de 1982, do que acolleu varios encontros, entre eles a final.

Trala conquista da Copa da UEFA en 1985, decidiu retirarse e convocou novas eleccións. Foi sucedido por Ramón Mendoza, ao que De Carlos derrotara de forma contundente nas eleccións de 1982.

Recibiu a insignia de ouro do FC Barcelona.[4] Durante o primeiro mandato de Florentino Pérez, o Real Madrid creou un foro de opinión co seu nome, o "Foro Luis De Carlos".[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casado con María de la Concepción Grau, tivo tres fillos, José Manuel, Jaime e Alfonso. Alfonso foi o único dos seus fillos que se vencellou ao fútbol, pois foi directivo e presidente do Viveiro CF[6]

  1. "Raimundo Saporta, el arquitecto de sueños". ACB (en castelán). 27 de xullo de 2005. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  2. "Luis De Carlos Ortiz". realmadrid.com (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  3. "Se cumplen 15 años del fallecimiento de Luis de Carlos" (en castelán). 27 de maio de 2009. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  4. Lezcano, Arturo (Inverno de 2017). "El Clásico de Tarradellas". Líbero (en castelán): 52. ISSN 2254-4755. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  5. ""Luis de Carlos personificó los valores del Real Madrid"" (en castelán). 27 de maio de 2019. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  6. Meitín Buján, Ignacio (27 de marzo de 2014). "Alfonso de Carlos: «Presidentes como Bernabéu y mi padre quedan muy pocos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]