Saltar ao contido

Lions (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lions
Álbum de The Black Crowes
Publicado7 de maio de 2001
Gravaciónxaneiro - febreiro do 2001
Estudio(s)Montana Rehearsal Studios e Theater 99 Recording en Nova York
Duración55:09
Xénero(s)Blues-rock, hard rock, Southern rock
Selo(s)V2 Records
ProdutorDon Was
Cronoloxía
By Your Side Lions Warpaint
Na rede
http://www.blackcrowes.com
Spotify: 19TbTsc0niB85JFOzBGbGB Discogs: 81072 Allmusic: mw0000586590 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lions é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense The Black Crowes. Foi editado o 7 de maio do 2001 como o seu primeiro disco con V2 Records tras a súa marcha de Columbia, e trátase do seu único álbum de estudio co guitarrista Audley Freed. Lions foi gravado en Nova York en xaneiro e febreiro do ano 2001 baixo a produción de Don Was. O baixo foi gravado por Rich Robinson e Don Was, xa que Greg Rzab deixa<ra o grupo e non foi substituído ata a xira que seguiu á publicación do traballo.

O álbum estreouse na lista Billboard 200 e chegou ata o número 20, vendendo máis de 53.000 copias na súa primeira semana. Lions recibiu críticas variadas; aínda que polo xeral o son do disco tivo boas críticas, achacóuselle unha falta de cancións "memorables". Os críticos que puntuaron máis baixo o álbum considerárono unha pobre imitación das influencias da banda, como Led Zeppelin.

O grupo promocionou Lions con dúas xiras norteamericanas (unha con Oasis), e unha pequena xira por Europa e o Xapón no medio. Despois dos concertos a banda entrou en hiato ata o ano 2005.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as cancións compostas por Rich Robinson e Chris Robinson.

  1. "Midnight from the Inside Out" – 4:21
  2. "Lickin'" – 3:42
  3. "Come On" – 2:58
  4. "No Use Lying" – 4:57
  5. "Losing My Mind" – 4:26
  6. "Ozone Mama" – 3:54
  7. "Greasy Grass River" – 3:20
  8. "Soul Singing" – 3:54
  9. "Miracle to Me" – 4:42
  10. "Young Man, Old Man" – 4:14
  11. "Cosmic Friend" – 5:23
  12. "Cypress Tree" – 3:41
  13. "Lay It All on Me" – 5:29
Versión xaponesa
  1. "Love Is Now" – 4:22