Linguaxe socializada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A linguaxe socializada é a linguaxe que ten como función a comunicación.

Características[editar | editar a fonte]

Jean Piaget defende que arredor dos 7/8 anos. Este cambio, que indica unha nova fase no desenvolvemento da linguaxe, precede ó desenvolvemento cognitivo, e maila que o seu pensamento é aínda egocéntrico, coa linguaxe socializada vaise producindo unha socialización paralela dos procesos cognitivos.

Piaget clasifica a linguaxe socializada en cinco categorías:

  1. Información adaptada: o neno logra acceder ó punto de vista do interlocutor e trata de influír nel; esta primeira fase posúe un valor transicional.
  2. Crítica: o neno comenta e xulga o traballo e a conduta dos demais, cun carácter máis efectivo ca racional.
  3. Mandatos, rogos, ameazas.
  4. Preguntas.
  5. Respostas: mostra disposición para dar resposta, á vez que para solicitala.

Se ben para Piaget o proceso de desenvolvemento da linguaxe vai do individual ó social, indicando a superación do egocentrismo, pola contra para Lev Vygotski a secuencia é a oposta. Para Piaget a linguaxe socializada só é posible despois da linguaxe egocéntrica. Pola contra, para Vygotski a linguaxe é social na súa orixe, e é condición previa para o discurso egocéntrico. Primeiro produciríase unha función comunicativa, e a partir dela, distinguiríase unha forma de linguaxe privada, primeiro egocéntrica e posteriormente interior, que permitiría a regulación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]