Leopoldo Sousa Menéndez-Conde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 Oviedo, España |
Morte | 7 de xuño de 1966 (81/82 anos) Oviedo, España |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Leopoldo Sousa Menéndez-Conde, nado en Oviedo cara a 1884 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1966,[1] foi un avogado e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Amigo persoal de Francisco Franco. Na ditadura de Primo de Rivera foi xefe de somatenes da 8ª rexión. Foi nomeado Gobernador civil de Cáceres o 9 de marzo de 1937, posto no que permaneceu até o 11 de marzo,[2] para despois ser nomeado gobernador de Lugo o 11 de marzo de 1937.[3] Cesou no cargo en 1939. Morreu en Oviedo aos 81 anos.