Saltar ao contido

Leilía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de marzo de 2023 ás 09:39 por Cossue (conversa | contribucións)
Leilía
OrixeGalicia Galiza
Período1989 – 2023
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosFelisa Segade
Montse Rivera
Mercedes Rodríguez
Patricia Segade
Ana Rodríguez
Rosario Rodríguez
Na rede
http://www.leilia.net
Facebook: Leilía-179232243325 Youtube: UC_dWh04TI1cYCdiIm3cs6tA Spotify: 1MgkZ7oWVoYhe51HUT905G iTunes: 15877618 Last fm: Leilía Musicbrainz: 75b9668f-8c70-4f18-b794-4216cf2b54f9 Discogs: 3485332 Allmusic: mn0000236783 Deezer: 245092 Editar o valor en Wikidata

Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989. Seu nome provén dun termo aplicado ao retrouso das cantigas populares.[1]

Traxectoria

Pertencen á xeración de mozos e mozas, ligados aos grupos folclóricos, que desde os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmáns Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo no verán de 1989.[2]

En 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco: Leilía. Un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.

A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.[3]

En 2023, durante a xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios.[4]

Discografía

Ano Título Detalles Selo discográfico
1994 Leilía
  • Lanzamento: 1994
  • Formato: CD, Álbum
DiscMedi Blau
1998 I é Verdade, I é Mentira
  • Lanzamento: 1998
  • Formato: CD, Álbum
Virgin Records
2003 Madama
  • Lanzamento: 2003
  • Formatos: CD, Álbum
DiscMedi Blau
2005 Son de Leilía Autoedición
2011 ConSentimento
  • Lanzamento: 2011
  • Formato: CD, Álbum
Fol Música

Notas

  1. Regueira, Mario (2022-07-23). "Leilía: "Con 'Vidas Cantadas' fechamos un círculo de máis de 30 anos sobre os escenarios"". Nós Diario. Consultado o 2023-03-08. 
  2. Dopico, Montse (2019-08-23). "“O principal mérito é que seguimos sendo as mesmas, crendo no mesmo que cando empezamos”". Praza Pública. Consultado o 2023-03-08. 
  3. "Nós – Leilía". leilia.net. Consultado o 2023-03-09. 
  4. "Leilía despídese dos escenarios após 34 anos". Nós Diario. 2023-03-07. Consultado o 2023-03-09. 

Véxase tamén

Ligazóns externas