Saltar ao contido

Lanterna máxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanterna máxica

A lanterna máxica é o antecesor dos aparellos de proxección moderna. Non hai constancia de cando se inventou, a primeira descrición débese ao sacerdote xesuíta Athanasius Kircher na súa obra Ars Magna Lucis et Umbrae de 1645[1] e tamén hai versións do aparello no mesmo século por Johann Zahn, aínda que foi o danés Thomas Walgenstein o primeiro en lle dar o nome de lanterna máxica[2]. Constituído por unha cámara escura cun xogo de lentes, que por medio dun condensador polo que pasaba a luz dunha lámpada de aceite incorporada, e atravesaba unha placa de vidro pintada con debuxos que se proxectaba nun lenzo. Podíase crear ilusión de movemento movendo os vidros.

Diapositiva

Utilizada en ambientes académicos como a Sorbona e en populares como teatros ó longo do século XIX, constituíu o antecendente do que será no século XX o cine como espectáculo de masas.

Non hai certeza de cando foi traída pola primeira vez a Galicia, quizais en 1805 en Santiago de Compostela por un ambulante francés. A primeira referencia sen xénero de dúbida foi unha representación de fantasmagorías en setembro de 1813. A partir de 1868 estas representacións foron habituais nas cidades galegas.[3]

  1. R. W. Burns "Television: an international history of the formative years", páxina 7
  2. Manuel Rodríguez Bermúdez Animación: una perspectiva desde México. UNAM, México, 2007, páxina 19
  3. Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-22-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]