Labialización
Aparencia
A labialización é un cambio fonético asimilatorio ou disimilatorio polo cal un fonema ou son despraza o seu punto de articulación ata a rexión labial.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- No galego popular a labialización dáse en casos como *lovar (levar), *somana (semana), *formento (fermento), *romedio (remedio).
- No español popular a velarización é unha tendencia disimilatoria que afecta ás consoantes velares ante vogal labial: aguja > abuja, aguzado > abuzado (México).
- Nas linguas uto-aztecas a consoante labio-velar kw do proto-utoazteca (PÚA) labializa frecuentemente:
Glosa | proto-UA | Mayo | Papago | Náhuatl |
---|---|---|---|---|
'comer' | *kwa'-(e)a | bwa'ye | kou'a | kwa |
'aguia' | *kwa-hu- | ba´ag | kwa-w- | |
'nome' | *tekwa | tewa | to-ka |
Como se pode ver, o mayo labializa sempre, o papago só en certos contextos e o náhuatl non labializa nunca.