Saltar ao contido

La Gorda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira páxina da revista "La Gorda", publicada o 10 de novembro de 1868.

La Gorda foi unha revista antiliberal publicada en Madrid. Apareceu por primeira vez o 10 de novembro de 1868 e deixouse de publicar no ano 1870. Tiña catro páxinas e publicábase seis veces ao mes. A subscrición mensual era de 4 reais. Editouse en varias imprentas pero, sobre todo, na de J. Noguera, na rúa Bordadores nº7, de Madrid.

La Gorda, a pesar do seu subtítulo "Periódica (sic) liberal" era unha publicación carlista[1] que tomara como título o nome popular dado á revolución de 1868[2], esaxeraba e apoiaba as propostas máis revolucionarias e extremistas para provocar unha reacción conservadora. Extremaba as críticas contra as autoridades do Sexenio o que provocou a actuación da denominada "Partida de la Porra" e que tivera que pechar a mediados de 1870. Entre os seus redactores estaban os condes de Liniers, Esteban Garrido, José María Fernández Bremón e Rafael Chico de Guzmán.[3]

Tivo como competencia e réplica á revista republicana e federal, La Flaca.

Probablemente tivo unha ampla relación de continuación coa publicación La Gordísima que fora fundada o 8 de xaneiro de 1869, xa que esta publicábase tamén seis veces ao mes, con catro páxinas e tirábase na mesma imprenta, cun prezo de 4 cuartos.

  1. Almuiña (2015); p. 33
  2. Fuentes (1997), p. 124
  3. Almuiña (2015); p. 34

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Almuíña, Celso (2015). Laguna Platero, Antonio; Reig Cruañes, Pepe, eds. La prensa satírica como instrumento de crítica política durante el siglo XIX. En: El humor en la historia de la comunicación en Europa y América. Col. Estudios. Nº 146 (Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha). ISBN 978-84-9044-131-2. 
  • Fuentes, Juan Francisco; Fernández Sebastián, Javier (1997). Historia del periodismo español. Madrid: Síntesis. ISBN 9788477384977. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]