La Coubre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O vapor de transporte La Coubre foi un buque francés (Compagnie Générale Transatlantique, 1951 - 1972) que foi obxecto de sabotaxe no porto da Habana o 4 de marzo de 1960 cando transportaba armas e municións. Tiveron lugar dúas explosións que produciron preto dun cento de mortos e douscentos feridos. As autoridades cubanas denunciárono como un acto terrorista da CIA: trataríase da primeira acción deste tipo exitosa en contra de Fidel Castro.
A explosión do buque La Coubre tivo lugar o 4 de marzo de 1960 ás 15:10 no porto da Habana.
O navío francés, de 4.310 tons. que transportaba 76 toneladas de armamento procedente do porto belga de Anveres, explosionou mentres estaba a ser descargado. Descargar explosivos fóra de lugares reservados para iso ía contra a normativa vixente, a decisión de descargalo fóra desa zona aparentemente decidiuno Raúl Castro, o ministro do exército.
Che Guevara, que estaba dando un mitin nun edificio público, acudiu á zona e deu atención médica ós tripulantes do navío, a militares e os traballadores do peirao que resultaran feridos.
Trinta minutos despois da primeira explosión mentres se rescataba ás vítimas houbo unha segunda explosión, máis forte.
Aínda que non se deron datos oficiais, estímase en 75 os mortos e en 200 os feridos que provocou a explosión. O goberno cubano e outras fontes acusaron de cometer o atentado a William Alexander Morgan por orde da CIA.