Kömunikandø
Aparencia
Kömunikandø | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Os Diplomáticos de Monte-Alto | ||||
Publicado | 2003 | |||
Xénero(s) | Rock | |||
Selo(s) | BOA | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Kömunikandø é o quinto álbum de estudio do grupo galego de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto, publicado en 2003.
Nste disco, o derradeiro do grupo, aparece reducido o nome da banda simplemente a Os Diplomáticos, sendo moi notoria a baixa de Xurxo Souto na voz principal e na composición dos temas. O acordeón perde protagonismo en favor de novos ritmos, sendo a maior parte da temática das letras de crítica social directa.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Esperta do teu sono"
- "Quero ver"
- "Komunikando"
- "Están aí!"
- "Deixa-me subir o alto"
- "Somos Batuko Tabanka"
- "Cabo Verde Sabí"
- "Exiptano"
- "Serafín"
- "Tres de trunfos"
- "Interdepenmerda"
- "Monte Maior"
- "A vaca aerofáxica"
- "Perikinha"
(+ bonus track: "Galerna")