Saltar ao contido

Kwangmyongsong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traxectoria de Kwangmyongsong 3-2 sobre a superficie da Terra.

Kwangmyongsong, ou abreviadamente KMS, é o nome dunha serie de satélites artificiais de Corea do Norte.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Baixo a denominación Kwangmyongsong agrúpase unha serie de satélites heteroxéneos con diferentes finalidades, non sempre claras. A maior parte de satélites Kwangmyongsong non chegaron a órbita debido á inexperiencia do estado norcoreano en lanzadores espaciais.[1]

Kwangmyongsong 1

[editar | editar a fonte]

Kwangmyongsong 1 ou KMS 1 foi o primeiro intento de Corea do Norte por poñer un satélite en órbita. Foi lanzado o 30 de agosto de 1998 a bordo dun Taepodong-1, pero o fallo da terceira etapa do foguete impediu que entrara en órbita. KMS 1, cunha masa estimada duns 30 kg e forma de poliedro aproximadamente esférico, estaba destinado a radiar cancións de propaganda unha vez no espazo.[2][1]

Kwangmyongsong 2

[editar | editar a fonte]

O segundo intento do país en poñer un satélite en órbita tamén fallou. KMS 2 tiña forma de caixa e levaba a bordo un sistema de comunicacións. Foi lanzado o 5 de abril de 2009 mediante un foguete Unha-2, que non conseguiu poñelo en órbita.[3][1]

Kwangmyongsong 3 e 3-2

[editar | editar a fonte]

Houbo dous satélites da serie Kwangmyongsong: o orixinal e o Kwangmyongsong 3-2. Tiñan unha masa de 100 kg e unhas dimensións de 1,4 x 0,6 x 0,7 m. A alimentación eléctrica era proporcionada tanto por células solars no corpo do satélite como por dous paneis solares despregables. A súa función era de observación terrestre, levando unha cámara a bordo. O primeiro KMS 3 foi lanzado o 12 de abril de 2012 mediante un foguete Unha-3, fallando. O segundo foi lanzado exitosamente cun foguete do mesmo modelo o 12 de decembro de 2012.[4][1]

Kwangmyongsong 4

[editar | editar a fonte]

Kwangmyongsong 4 era un satélite de observación terrestre duns 200 kg de masa equipado cunha cámara de televisión, forma de caixa e paneis solares. Foi lanzado o 7 de febreiro de 2016 mediante un Unha 3 e posto en órbita, pero non se detectaron transmisións desde o mesmo e aparentemente o satélite xiraba sen control.[5][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
Kwangmyongsong 1 30 de agosto de 1998 Taepodong-1 Fallo
Kwangmyongsong 2 5 de abril de 2009 Unha 2 Fallo
Kwangmyongsong 3 12 de abril de 2012 Unha 3 Fallo
Kwangmyongsong 3-2 12 de decembro de 2012 Unha 3 Éxito
Kwangmyongsong 4 7 de febreiro de 2016 Unha 3 Fallo parcial
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "Kwangmyongsong" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kwangmyŏngsŏng 1 (KMS 1)" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kwangmyŏngsŏng 2 (KMS 2)" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kwangmyŏngsŏng 3, 3-2 (KMS 3, 3-2)" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kwangmyŏngsŏng 4 (KMS 4)" (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]