Saltar ao contido

Kitesurf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kitesurfing
Kitesurf en Varberg, Suecia

Kitesurfing, kiteboarding ou flysurfing, é un novo deporte que atrae a deportistas de varias disciplinas, winsurfistas, surfistas, wakeboaers ou pilotos de parapentes que encontran neste deporte a emoción alternativa de xuntar o ceo coa auga.

Equipamento

[editar | editar a fonte]

O material preciso para a práctica do kitesurf consiste nun papavento, unha barra de control, un xogo de liñas, unha táboa e un arnés.

Hai dous tipos de papaventos:

  • As foils, que non son inflábeis e úsanse máis en terra xa sexa un buggy ou un montainboard, xa que son moi difíces de remontar desde a auga.
  • As inflábeis son as máis usadas nestes momentos, xa que son máis rápidas de remontar desde a auga e facilitan mellores saltos.

Existen tres tipos de táboas:

  • Twin tip ou bidireccionais, que acostuman ser simétricas, e navegan en dúas direccións.
  • Direccionais navegan nun só sentido e teñen unha popa e unha proa.
  • Wakeboards úsanse especificamente en augas planas e facilitan as manobras máis extremas.
  • Foils e unha tábua cunha aleta central grande que permite navegar sen case resistencia na auga.

A velocidade que se pode alcanzar cun kite e de arredor duns 50 ou 60 quilómetros por hora.

Técnicas

[editar | editar a fonte]

As técnicas básicas do kitesurf son as seguintes:

  • Manexo do kite
  • Control de poder
  • body dragging"
  • Entrar a auga
  • Alistarte para arrincar
  • Arrinque da auga
  • Continuar sobre a auga
  • Direccionar a táboa
  • Ir Up wind” ou ir contra o vento
  • Xiro
  • Ir toe-down, ou de costas ao kite
  • Kite surf en situacións de poder excesivo
  • Kitesurf en situacións de pouco poder
  • Arrincando desde a praia
  • Saltos
  • Taking
  • Looping