Saltar ao contido

Kammamma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kammamma foi unha cidade do nordeste do Imperio Hitita, poboada por kaskas pero en territorio de dominio hitita.

Mursilis III na súa primeira campaña combateu aos kaskas de Ishupitta, antes vasalos, e que se rebelaran. Derrotounos, pero permaneceron rebeldes. Na segunda campaña, ao ano seguinte, derrotounos outra vez, pero os líderes da revolta, Pazzanna e Nunnuta, puideron fuxir, e dirixíronse a Palhwisa (Palhwišša) onde tiveron que recrutar continxentes locais pouco experimentados, que non serían inimigo para o exército regular hitita, que os derrotou e o rei puido destruír a cidade polo lume e saqueouna; o exército dos kaskas fuxiu; entón o rei dirixiuse a Istahara, cidade hitita da zona, onde acampou e desde onde enviou gran á capital; os xefes rebeldes dirixíronse á cidade de Kammamma, e o rei pediu a súa entrega ou, en caso contrario, destruiría a cidade; a cidade colleu aos dous rebeldes e matounos e despois someteuse a Mursilis. Iso pacificou o país kaska e o rei pasou o inverno en Ankuwa.