Jóhanna Sigurðardóttir
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1942 (82 anos) Reiquiavik (Reino de Islandia) |
Deputado do Althing 2009-2013 | |
25 de abril de 2009 – 27 de abril de 2013 Lexislatura: Alþingi 2009-2013 Circunscrición electoral: Reiquiavik Norte Electa en: eleccións ao Parlamento de Islandia de 2009 | |
Primeiro ministro de Islandia | |
1 de febreiro de 2009 – 23 de maio de 2013 ← Geir Haarde (pt) – Sigmundur Davíð Gunnlaugsson → | |
Minister of Welfare (en) | |
1 de xaneiro de 2008 – 1 de febreiro de 2009 ← sen valor – Ásta Ragnheiður Jóhannesdóttir → | |
Minister of Social Affairs (en) | |
24 de maio de 2007 – 31 de decembro de 2007 ← Magnús Stefánsson (en) – Supresión do cargo → | |
Deputado do Althing 2007-2009 | |
12 de maio de 2007 – 25 de abril de 2009 Lexislatura: Alþingi 2007-2009 Circunscrición electoral: Reiquiavik Norte Electa en: eleccións ao Parlamento de Islandia de 2007 | |
Minister of Social Affairs (en) | |
10 de outubro de 1987 – 24 de xuño de 1994 ← Alexander Stefánsson (en) – Guðmundur Árni Stefánsson (en) → | |
Member of the Althing (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Commercial College of Iceland (en) |
Actividade | |
Ocupación | política, auxiliar de voo |
Partido político | Aliança Social Democrática (pt) (2000–) Social Democratic Party (en) (–1994) National Awakening (en) (1994–2000) |
Familia | |
Cónxuxe | Jónína Leósdóttir |
Páxina web | althingi.is… |
Jóhanna Sigurðardóttir, nada en Reiquiavik o 4 de outubro de 1942, é unha política islandesa. Foi nomeada Ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social o 24 de maio de 2007, cargo que xa asumira entre 1987 e 1994, baixo o nome de Ministra de Asuntos Sociais.
Membro da Alianza Socialdemócrata, formou parte do Parlamento de Islandia ininterrompidamente dende 1978,[1] sendo reelecta sucesivamente en oito ocasións. O 1 de febreiro de 2009 converteuse na primeira muller que asume o cargo de Primeiro Ministro de Islandia. Sendo publicamente lesbiana, converteuse na primeira xefa de goberno recoñecida como LGBT do mundo.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sigurðardóttir estudou no Commercial College of Iceland, unha escola vocacional operada pola Cámara de Comercio de Islandia. Logo da súa gradación en 1960, traballou como auxiliar de voo en Loftleiðir (empresa predecesora de Icelandair) e tamén como oficinista. Foi un membro activo en organizacións de traballadores desde o inicio da súa vida profesional, presidindo a Xunta da «Asociación Islandesa de Tripulantes de Cabina» nos anos 1966 e 1969, e tamén a Xunta de Svölurnar, Asociación de Ex Auxiliares de Voo, en 1975. Tamén foi membro da Unión de Traballadores do Comercio dende 1976 até 1983.[4]
En 1978 foi elixida para ocupar un cargo no Alþingi pola lista do Partido Social Demócrata pola circunscrición de Reiquiavik. Gozou dun temperán éxito na súa carreira parlamentaria, asumindo a vicepresidencia do Alþingi en 1979 e posteriormente entre os anos 1983 e 1984.[1] Tamén foi vicepresidenta do Partido Social Demócrata dende 1984, cargo que deixou en 1993.
Tamén foi Ministra de Asuntos Sociais baixo catro gobernos sucesivos desde 1987 a 1994. Logo de perder as eleccións á presidencia dese partido, realizou unha declaración que se transformaría posteriormente nunha frase icona do islandés: "Minn tími mun koma!" ("O meu tempo vai chegar!").[5] Tralas eleccións, formou ao Þjóðvaki. Os dous partidos fusionáronse en 2000 formando a Alianza Socialdemócrata.
Entre 1994 e 2003, Jóhanna foi un activo membro da oposición no Alþingi, participando en numerosos comités parlamentarios. Logo das eleccións de 2003, nas que foi elixida pola circunscrición de Reiquiavik Sur (logo da división da antiga circunscrición de Reiquiavik), foi reelixida para a vicepresidencia do Alþingi. As eleccións de 2007, nas que Jóhanna asumiu pola circunscrición de Reiquiavik Norte, viron o retorno da Alianza Socialdemócrata ao goberno en coalición co Partido de Islandia. O mesmo ano foi nomeada Ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social.[1]
A esposa de Jóhanna é a autora e dramaturga Jónína Leósdóttir (nada en 1954). A parella uniuse en 2002[6], e casaron o 27 de xuño de 2010, o día en que se entrou en vigor en Islandia o matrimonio entre persoas do mesmo sexo[7].
Crise política de 2009
[editar | editar a fonte]O 26 de xaneiro de 2009 o primeiro ministro Geir Haarde anunciou a súa renuncia e a de todo o seu gabinete, ademais da disolución da coalición que representaba, ao Presidente de Islandia, Ólafur Ragnar Grímsson. Isto tras 16 semanas de protestas contra o manexo do goberno fronte á grave crise económica que afecta o país.
Logo das conversacións dos líderes do cinco partidos representados no Alþingi, o presidente solicitou á Alianza Socialdemócrata e o Movemento de Esquerda-Verde formar un novo goberno e preparar eleccións para a primavera boreal.[8]
Jóhanna Sigurðardóttir foi proposta como primeira ministra para o novo goberno, debido á súa popularidade entre o público xeral e as súas boas relacións co Movemento de Esquerda-Verde. Unha enquisa de opinión realizada por The Gallup Organization en decembro de 2008 atopou que o 73% dos enquisados aprobaron a súa xestión como ministra, máis que calquera outro membro do gabinete. Ademais, foi a única ministra que mellorou a súa aprobación durante 2008.[9]
O novo goberno necesitaba o apoio do Partido Progresista no Alþingi. As negociacións continuaron até a tarde do 31 de xaneiro, asumindo o novo gabinete o 1 de febreiro de 2009 e convertendo así a Jóhanna Sigurðardóttir na primeira muller que asume como Primeiro Ministro de Islandia, e ademais, a primeira xefa de goberno homosexual do mundo. A nova coalición acordou adiantar as eleccións (orixinalmente fixadas polo primeiro ministro anterior Geir Haarde para o 9 de maio) ao 25 de abril.[10]
O goberno provisional de esquerdas islandés obtivo unha histórica vitoria nas eleccións xerais do 25 de abril. O Partido Socialdemócrata e o Movemento Esquerda-Verdes, aliados no Goberno interino formado en febreiro, obtiveron unha maioría absoluta de 34 dos 63 escanos do Parlamento. Os socialdemócratas obtiveron un 29,8% (20 escanos) e os seus aliados un 21,7% (14 escanos), é dicir, unha maioría do 51,5% entre os dous. Johanna Sigurðardottir, de 66 anos, foi confirmada no cargo.
Posturas políticas
[editar | editar a fonte]Apoia o ingreso de Islandia á Unión Europea e o establecemento do euro como moeda.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 A oþingi - Jóhanna Sigurðardóttir
- ↑ Islandia terá gobernante gay
- ↑ Islandia terá o primeiro goberno presidido por unha persoa abertamente homosexual
- ↑ Jóhanna Sigurðardóttir, Minister of Social Affairs and Social Security since May 24th 2007[Ligazón morta]
- ↑ Pofile: Johanna Sigurdardottir
- ↑ World gets its first gai head of state[Ligazón morta]
- ↑ "Premiê islandesa se casa no primeiro dia da lei de matrimônio gay" Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine., artigo en www.feminismo.org, 27 de xuño de 2010 (en portugués).
- ↑ "New Icelandic government under negotiation". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Sigurdardóttir Ready to Become Iceland's". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2010.
- ↑ primeiro país do mundo en ser gobernado por unha homosexual declarada[Ligazón morta]
- ↑ Boletín Informativo de RFI emitido o 26 de abril de 2 009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jóhanna Sigurðardóttir |
- Biografía por Fundación CIDOB Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
Predecesor: Geir Hilmar Haarde |
Primeiro Ministro de Islandia 2009 - |
Sucesor: No cargo |